A senda das lendas

A senda das lendas
Odemo game jam 2026.  iconEste juego es una submission para Odemo game jam 2026.
A senda das lendas

Trátase dunha aventura narrativa en Scratch onde a personaxe principal, Lúa, é unha rapaza Lúa que desperta nun bosque misterioso. Ten que superar unha serie de niveles donde se atopará con diferentes seres da mitoloxía galega: trasnos, unha xacia e un sacauntos. Durante a súa aventura tamén terá que axudar a outro rapaz humano que está atrapado nunha cova. O obxectivo final é atopar un tesouro concreto: unha culler de ouro que lle permite regresar á súa casa. No desenlace, cando regresa a súa habitación atópase cunha cunca de sopa na mesilla, deixando aberto o misterio de se todo foi un sono ou foi real.

O xogo contrólase coas frechas de dirección para mover a Lúa polos distintos escenarios, e coa tecla espazo para saltar en orde a superar obstáculos ou para tocar/recoller obxectos.

O amplificador da jam elixido é incorporar unha frase en ucraíno como homenaxe a comunidade ucraína asentada en Galiza. En concreto, no nivel inicial, o trasno lle desexa "Успіху вам, юна леді" a protagonista, que significa "moita sorte, rapaciña" en ucraíno.

As personaxes foron debuxadas manualmente en papel a lapis por unha integrante do equipo, e posteriormente escaneadas. Empregouse unha ferramenta de IA soamente ao final para darlles un toque de cor.

Os escenarios foron debuxados dende cero no editor de Scratch por un membro do equipo.

Requisitos

ESPACIO: 7,2 MB

Inicia sesión para dejar un comentario.

0 comentarios

Lúa é unha rapaza galega que, tras espertar, aparece nun bosque misterioso que, ao parecer, pode falar. Terás que axudala a atopar un tesouro para poder volver á casa, nunha aventura onde se atopará con personaxes típicos da mitoloxía galega, algúns bos e outros non tanto...

GÉNEROS

FECHA DE LANZAMIENTO

17 nov 2026
Este juego no ha recibido votos aún.

¡Deja el tuyo!
Votos totales: 0

Tecnologías

Unknown engine logo
scratch
Disponible:

Desarrollador

IESXulianMagarinosTIC2 banner
IESXulianMagarinosTIC2 avatarIESXulianMagarinosTIC2
New in Raccreative Games!
The Cave of Alchemy imageThe Cave of Alchemy cover
No Words In This Crime imageNo Words In This Crime cover
Rúa Muros imageRúa Muros cover
RACC'NSCAPE imageRACC'NSCAPE cover
Isla Zargo imageIsla Zargo cover