




Para moverse emprégase WASD e para interactuar cos obxectos E, I para o inventario (abrir e pechar). Para que o texto apareza máis rápido, débese pulsar E outra vez, igual que para pasar de texto.
A primeira amplificación empregámola creando un mago emigrante do Senegal que fala un galego con acento peculiar, lingüísticamente fermoso.
Para a segunda deixamos un modo que mostra colisións visibles azuis que serven para marcar áreas de xogo que delimiten as posibilidades, para centrar máis o obxectivo.
Os interactuables, tamén están marcados para que sexa máis fácil localizalos e seguir a historia. O trasno que aparece de súpeto é a mestura perfecta entre elemento estrambótico e cultura galega. "
Aldán, autoproclamado xefe do proxecto.
No seu interior se atopa oculta un sistema sinxelo para facer cousas semellantes. Mira o suficiente todo e tal vez o atopes...
O obxectivo do xogo é dar conta dunha das fermosas lendas de Galicia, vivindo unha aventura en época prerromana, que explica a existencia dunha cova onde anteriormente houbo un reino próspero.
DEVELOPER
LAUNCH DATE


Log in to leave a comment.