Boas! Velaquí estamos de novo.
Poderá participar todo o alumnado matriculado na Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato. A participación poderá ser en grupo ou individual, inda que recomendamos o primeiro.
Haberá tres categorías principais de participación:
Se hai grupos de idades diferentes, o grupo incluirase na categoría da persoa de maior idade.
Se tes máis de 13 anos, podes rexistrarte individualmente co consentimento dos pais. Se o teu instituto é o responsable de cuestionar a participación, fala co profesor/a; se o teu instituto non participa, podes presentarte libremente.
A jam rematará o 16 de novembro. No momento de inicio da jam publicarase a temática específica sobre a que facer o xogo, así como os dous potenciadores que permitirán acceder a outro premio.
Durante o Culturgal xogaremos e mostraremos os xogos que se presentaron ademais de actividades sobre os xogos.
Cando remate o prazo de entrega haberá un prazo de votación, no que se valorarán as seguintes categorías:
E gañadore será escollido polo xurado conformado por profesionais e premiades de outros anos.
Os xogos gañadores recibirán un diploma, entradas para o MUVI e a inclusión do xogo no arquivo de videoxogos do museo. Ademáis, os xogos gañadores de ambos potenciadores tamén se incluirán no arquivo.
O contido debe ser orixinal e creado durante o tempo de duración da jam. Tamén podes usar assets licenciados como Creative Commons. Ademáis, incentivamos o uso de recursos galegos de dominio público, como os que podes atopar en https://apoi.museodopobo.gal/.
A temática desta game jam será o Trebellos estrafalarios: ti pensa no seguinte, algo sen senso.
Adicionalmente, haberá dous amplificadores cuxa inclusión non é obligatoria pero permitirá optar a premios especiais. Os amplificadores son ideas ou temas que podes incluír de forma secundaria no teu xogo:
Amplificador 1: a incorporación dunha lingua dunha comunidade inmigrante en Galicia. Por exemplo, algún personaxe pode dicir unha frase en wolof, portugués ou árabe.
Amplificador 2: Adaptación do xogo para persoas con algunha discapacidade. Por exemplo, que sexa posible esquivar mediante o son, sen necesidade de ver, ou incluír combinacións de cores adaptadas para persoas daltónicas...
Podes usar as ferramentas que queiras. Escríbenos e dirémosche que materiais temos e que recomendamos.