0
Odemo game jam 2026.  icon

Odemo game jam 2026.

Hosted by:Odemo
Game Jam de insitutos en galego.
Jam starts in:Log in to participate
From Oct 31, 2026, 22:59 to Nov 16, 2026, 22:59
Votings from [yet to be defined] to Nov 25, 2026, 22:59

👹 Demo Jam 2026

Boas! Velaquí estamos de novo.

🪆 Participación

Poderá participar todo o alumnado matriculado na Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato. A participación poderá ser en grupo ou individual, inda que recomendamos o primeiro.

✨ Casos especiais

  • Teño 18 anos e estou no instituto: Se tes 18 e a túa clase participa na game jam, poderás ir na categoría de instituto.

🗳️ Categorías

Haberá tres categorías principais de participación:

  • Categoría A: Alumnos de 1º e 2º de ESO
  • Categoría B: Alumnos de 3º e 4º de ESO.
  • Categoría C: Alumnado de Bacharelato

Se hai grupos de idades diferentes, o grupo incluirase na categoría da persoa de maior idade.

📋 Inscrición

Se tes máis de 13 anos, podes rexistrarte individualmente co consentimento dos pais. Se o teu instituto é o responsable de cuestionar a participación, fala co profesor/a; se o teu instituto non participa, podes presentarte libremente.

⏳ Canto dura a canción?

A jam rematará o 16 de novembro. No momento de inicio da jam publicarase a temática específica sobre a que facer o xogo, así como os dous potenciadores que permitirán acceder a outro premio.

🎉 E que pasa despois?

Durante o Culturgal xogaremos e mostraremos os xogos que se presentaron ademais de actividades sobre os xogos.

🏆 Premios

Cando remate o prazo de entrega haberá un prazo de votación, no que se valorarán as seguintes categorías:

  • Xeral: Unha valoración xeral do xogo. Ás veces o conxunto suma máis que as partes
  • Arte: Aquí incluímos os aspectos visuais e sonoros
  • Mecánicas: A orixinalidade, diversión ou interese das mecánicas do xogo
  • Narrativa: Guión, atmósfera, ambientación e adecuación ao tema.

E gañadore será escollido polo xurado conformado por profesionais e premiades de outros anos.

Os xogos gañadores recibirán un diploma, entradas para o MUVI e a inclusión do xogo no arquivo de videoxogos do museo. Ademáis, os xogos gañadores de ambos potenciadores tamén se incluirán no arquivo.

🕹️ Contido

O contido debe ser orixinal e creado durante o tempo de duración da jam. Tamén podes usar assets licenciados como Creative Commons. Ademáis, incentivamos o uso de recursos galegos de dominio público, como os que podes atopar en https://apoi.museodopobo.gal/.

💡 O/A

A temática desta game jam será o Trebellos estrafalarios: ti pensa no seguinte, algo sen senso.

📣 Amplificadores

Adicionalmente, haberá dous amplificadores cuxa inclusión non é obligatoria pero permitirá optar a premios especiais. Os amplificadores son ideas ou temas que podes incluír de forma secundaria no teu xogo:

Amplificador 1: a incorporación dunha lingua dunha comunidade inmigrante en Galicia. Por exemplo, algún personaxe pode dicir unha frase en wolof, portugués ou árabe.

Amplificador 2: Adaptación do xogo para persoas con algunha discapacidade. Por exemplo, que sexa posible esquivar mediante o son, sen necesidade de ver, ou incluír combinacións de cores adaptadas para persoas daltónicas...

🛠️ Ferramentas

Podes usar as ferramentas que queiras. Escríbenos e dirémosche que materiais temos e que recomendamos.

✉️ Se tés algunha dúbida escríbenos en info@demo.gal